Nome: Mª Consuelo
Apelidos: Pérez Vázquez
e-mail: mcperez@uvigo.es
Tf: 986 812 229
Cargo: Prof. Contratada Doutora
Naceu en Vigo, Pontevedra, en 1968, Licenciada en CC. Químicas pola USC. En 1993 acadou o Grado de Licenciatura en CC. Químicas coa Tesiña de Licenciatura dirixida pola Prof. Victoria Castaño. Ese mesmo ano incorpórase o grupo ENCOMAT, para realizar a Tese de Doutoramento dirixida por Prof. Dr. X. R. Nóvoa e Dra. Carmen Andrade Pedrix. A defensa da devandita tese tivo lugar na ETS de Enxeñeiros Industriais de Vigo, acadando a máxima cualificación maila ""Mención de Doutora Europea"".
Entre 1996 y 2004 realizou varias estancias de especialización no INETI (Lisboa, Portugal, Prof. Carmen Rangel), no CNRS (París, Francia, Profs. Keddam e Takenouti), no IETCC (Madrid, Prof. Carmen Andrade), no Politécnico de Milano ( Milano, Italia, Prof. Bolzoni) e na Facultade de Engenharia, FEUP (Porto, Portugal, Prof. Sousa Coutinho).
En 2007 obtivo unha praza de Prof. Contratada Doutora no Dpto de Enxeñaría dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción.
A investigación desenvolvida está orientada principalmente á aplicación de técnicas electroquímicas en distintos aspectos da corrosión (formigón armado, recubrimentos metálicos, protección contra a corrosión, ...).